Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

DESPEDIDA! DO RURAL WINGS???

Co ano 2009, remata o proxecto europeo Rural Wings.

Durante varios cursos, fomos bastantes as escolas que participamos nesta iniciativa.

Foron varias as voces que solicitaron que, dende cada escola mandáramos algo que contara cousiñas sobre nós, a nosa escola,... Dende Bamonde, secundamos a idea de Manuel Masaguer de amosar a nosa escola, as persoas que "vivimos" nela e, por que non?, facervos partícipes da nosa lectura favorita.

Malia que a maior parte da nosa relación foi virtual, iso non impideu que se estableceran vínculos afectivos moi fortes entre moitas das persoas e das escolas participantes.

Por esa razón, non!, non podemos pensar en termos de despedida, senón máis ben de todo o contrario. Agotamos unha etapa que necesariamente ten que dar paso a outras novas e mellores.
Agora temos necesidade de seguir sabendo que hai moitas persoas e moitas experiencias que compartir fóra dos valos do noso patio.

A todas esas persoas... MOITÍSIMAS GRAZAS!!.


Chúzao | del.icio.us

Un Comentario »

  1. XAVI — 09-10-2009 - 12:04:34 GMT 1

    Hola!!!

    Caramba, que vídeo tan chulo!!!! Ahora, ya os conozco un poco mejor y veo que también os gustan los cuentos, como a mi. El dia que PUEDA venir hasta Galicia, os promto que llevo un cuento dentro de mi cabeza para explicarlo.

    Felicidades y teneis toda la razón, NUESTRO proyecto no termina ahora ni nunca. Aquí teneis unos "compis" que quieren compartir muchas cosas con vosotros.

    Un saludo.

    Fins ben aviat.

    Xavi

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>